Armorial

Páxina do armorial alemán de Hyghalmen, de finais do século XIV.
O Armorial Segar (Segar's Roll) do século XIII, na imaxe unha copia do orixinal do século XVII, no que aparecen as armas de Galicia.

Os armoriais[1], tamén chamados libros de armería, son publicacións dedicadas á descrición sistemática de emblemas heráldicos ou escudos de armas, xeralmente obra de oficiais cronistas de armas ou heraldos.[2]

A orixe deste xénero de obras remóntase a finais do século XIII, período de apoxeo do uso do código heráldico en Europa Occidental, aparecendo en forma de códices ou libros manuscritos con repertorios completos ou parciais de brasóns xunto con ilustracións, frecuentemente iluminadas, que reproducen as figuras ou conxuntos heráldicos, coas cores que lles pertencen. Os armoriais, en particular os considerados medievais, publicados até o século XVI,[3][4] son empregados polos especialistas como fonte para o estudo historiográfico dos usos heráldicos.[5]

Diferentes museos e arquivos en diversos países conservan catalogados uns 350 armoriais dos cales 130 son ingleses, 80 franceses, 40 xermánicos e 20 españois e italianos.

Unha destas obras, a Crónica do Concilio de Constanza, obra de Ulrich Richental cara ó 1430, foi presentada pola República Checa para o seu rexistro no Programa Memoria do Mundo da Unesco.[6]

  1. "armorial". TERGAL. Arquivado dende o orixinal o 18/10/2018. Consultado o 18/10/2018. 
  2. Esteban de Terreros y Pando, Diccionario castellano con las voces de ciencias y artes, Madrid, 1786, p. 151.
  3. Michel Pastoureau, Traité d’heraldique, París, 1979, p. 255.
  4. Martín de Riquer, Heràldica catalana: des l´any 1150 al 1550, Barcelona, 1983, p. 59
  5. Libro de armería del Reino de Navarra. Introdución, estudo e notas de Juan José Martinena Ruiz, Pamplona, 1982, p. 25.
  6. "Crónica do Concilio de Constanza no portal da Unesco". Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2012. Consultado o 28 de agosto de 2012. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy