Baculoviridae

Baculoviridae é unha familiade virus comunmente chamados baculovirus, que teñen como hóspedes naturais artrópodos, como insectos lepidópteros, himenópteros, dípteros e crustáceos decápodos. Actualmente existen nesta familia 66 especies, repartidas en 4 xéneros.[1][2]

Os baculovirus infectan invertebrados, e describíronse unhas 600 especies de hóspedes. As formas inmaturas (larvarias) de especies de avelaíñas son os hóspedes máis comúns, pero estes virus tamén infectan sínfitos, mosquitos, e gambas. Aínda que os baculovirus poden entrar en células de mamíferos en cultivo[3] non poden replicarse en células de vertebrados.

A partir da década de 1940 foron estudados e utilizados como biopesticidas en agricultura. Os baculovirus conteñen un xenoma de ADN bicatenario de entre 80 e 180 kbp.

  1. "Viral Zone". ExPASy. Consultado o 15 de xuño de 2015. 
  2. ICTV. "Virus Taxonomy: 2016 Release". Consultado o 10 de febreiro de 2018. 
  3. Hofmann, C.; Sandig, V.; Jennings, G.; Rudolph, M.; Schlag, P.; Strauss, M. (1995). "Efficient Gene Transfer into Human Hepatocytes by Baculovirus Vectors". Proceedings of the National Academy of Sciences 92 (22): 10099–10103. PMC 40743. doi:10.1073/pnas.92.22.10099. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy