Calcifediol | |
---|---|
![]() | |
![]() | |
(6R)-6-[(1R,3aR,4E,7aR)-4-[(2Z)-2-[(5S)-5- | |
Outros nomes 25-Hidroxivitamina D3 | |
Identificadores | |
Ligando IUPHAR | 6921 |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C27H44O2 |
Masa molecular | 400,4 g/mol |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
O calcifediol, tamén chamado calcidiol, 25-hidroxicolecalciferol ou 25-hidroxivitamina D (abreviada como 25(OH)D),[1] é unha prehormona que se produce no fígado por hidroxilación da vitamina D3 (colecalciferol) polo enzima colecalciferol 25-hidroxilase. En medicina, mídese o nivel deste metabolito para determinar o status de vitamina D dun paciente.[2][3] Cun consumo medio típico de vitamina D3, a súa conversión completa a calcifediol tarda aproximadamente 7 días.[4]
O calcifediol é transformado despois nos riles polo enzima 25(OH)D-1α-hidroxilase en calcitriol (1,25-(OH)2D3), unha hormona secosteroide que é a forma activa da vitamina D. Pode tamén converterse en 24-hidroxicalcidiol nos riles por medio dunha 24-hidroxilación.[5][6]