DALL-E

DALL-E
[[Ficheiro:|100px]]
Imaxe xerada por DALL-E a partir do prompt (indicación de texto) "Teddy bears working on new AI research underwater with 1990s technology"
Autor orixinalOpenAI
Lingua/sLinguas presentes en Internet. Páxina oficial en inglés.
TipoModelo de texto a imaxe
Sitio weblabs.openai.com
Imaxes producidas por DALL-E a partir de texto (prompts, indicacións ao programa) "a professional high quality illustration of a giraffe dragon chimera. a giraffe imitating a dragon. a giraffe made of dragon." ("unha ilustración profesional de alta calidade dunha quimera de dragón xirafa. unha xirafa imitando a un dragón. unha xirafa feita de dragón").

DALL-E (estilizado como DALL·E ), DALL-E 2 e DALL-E 3 son modelos de aprendizaxe automática desenvolvidos por OpenAI para xerar imaxes dixitais a partir de descricións en linguaxe natural. DALL-E foi revelado por OpenAI nunha publicación de blog en xaneiro de 2021 e usa unha versión de GPT-3 modificada para xerar imaxes. En abril de 2022, OpenAI anunciou DALL-E 2, un sucesor deseñado para xerar imaxes máis realistas a resolucións máis altas que "poden combinar conceptos, atributos e estilos".[1]

OpenAI non lanzou código fonte para ningún dos modelos, aínda que a saída dunha selección limitada de indicacións (prompts) de mostra está dispoñible no sitio web de OpenAI desde o 20 xullo 2022, DALL-E 2 entrou nunha fase beta con invitacións enviadas a 1 millón de persoas na lista de espera.[2] [3] Antes, o acceso estaba restrinxido aos usuarios preseleccionados para unha vista previa da investigación debido a problemas relacionados coa ética e a seguridade.[4] [5] A pesar diso, outros lanzaron varias imitacións de código aberto adestradas en pequenas cantidades de datos, como Craiyon ou Midjourney.[6] O 28 de setembro de 2022 OpenAI anunciou que DALL-E estaba á disposición dos usuarios sen necesidade de esperar na lista de agarda.[7]

O nome do software é unha combinación dos nomes do personaxe do robot animado de Pixar WALL-E e do artista surrealista Salvador Dalí.

  1. "DALL·E 2". OpenAI (en inglés). Consultado o 2022-09-28. 
  2. "DALL·E Now Available in Beta". OpenAI (en inglés). 2022-07-20. Consultado o 2022-09-28. 
  3. "Surreal or too real? Breathtaking AI tool DALL-E takes its images to a bigger stage". NPR.org (en inglés). Consultado o 2022-09-28. 
  4. "Labs". OpenAI; labs.openai.com (en inglés). 
  5. "From Trump Nevermind babies to deep fakes: DALL-E and the ethics of AI art". the Guardian (en inglés). 2022-06-18. Consultado o 2022-09-28. 
  6. "Midjourney". Midjourney (en inglés). Consultado o 2022-09-28. 
  7. "OpenAI’s image generator DALL-E is available for anyone to use immediately". The Verge (en inglés). Consultado o 2022-09-28. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy