Dredd

Dredd
Ficha técnica
Título orixinalDredd
DirectorPete Travis
ProdutorAlex Garland
Andrew MacDonald
Allon Reich
GuiónAlex Garland
Baseado enJudge Dredd, de John Wagner e Carlos Ezquerra
IntérpretesKarl Urban
Olivia Thirlby
Wood Harris
Lena Headey
MúsicaPaul Leonard-Morgan
FotografíaAnthony Dod Mantle
MontaxeMark Eckersley
EstudioDNA Films
IM Global
Reliance Entertainment
DistribuidoraEntertainment Film Distributors
Lionsgate
Estrea2012
Duración95 minutos [1]
OrixeReino Unido Reino Unido
Estados Unidos de América Estados Unidos
Sudáfrica Suráfrica
India India
XéneroAcción
Orzamento45 000 000 $ [2]
Recadación41 400 000 $ [3]
Na rede
http://www.dreddthemovie.com
IMDB: tt1343727 Filmaffinity: 927187 Allocine: 141846 Rottentomatoes: m/dredd Mojo: dredd Allmovie: v523995 Metacritic: movie/dredd TV.com: movies/dredd BNE: XX5309581 Netlix: 70242801Editar o valor em Wikidata

Dredd é un filme de ciencia ficción e cine de acción estreado no 2012, dirixido por Pete Travis e escrito e producido por Alex Garland. Baseouse no protagonista da serie de banda deseñada Judge Dredd da publicación 2000 AD, creado por John Wagner e Carlos Ezquerra. Karl Urban é o protagonista do filme no papel de Judge Dredd, un axente da lei coas capacidades de xuíz, xurado e verdugo, nunha gran metrópole distópica chamada Mega-City One situada nun ermo postapocalíptico. Dredd e a súa compañeira Judge Anderson (Olivia Thirlby) acoden a un bloque rañaceos de 200 pisos para facer cumprir a lei e axustizar a xefa mafiosa da droga residente, Ma-Ma (Lena Headey).

Garland comezou a escribir o guión do filme no 2006, aínda que o desenvolvemento desta nova adaptación de Judge Dredd, sen relación co filme homónimo de 1995, non se fixo público ata decembro do 2008. Producida polo estudio británico DNA Films, a rodaxe comezou en novembro do 2010, facendo uso extensivo de cámaras 3D. As localizacións desta rodaxe foron en Cidade do Cabo e Xohanesburgo.

Dredd estreouse o 7 de setembro do 2012 no Reino Unido e o 21 de setembro do mesmo ano no resto do mundo. As críticas do filme foron positivas en relación os efectos visuais, o elenco de actores e a acción. Porén, o filme recibiu algunhas críticas negativas enfocadas principalmente na percepción dunha falta de elementos satíricos propios da banda deseñada homónima e no exceso de violencia. Malia a boa recepción crítica xeral, o filme tan só conseguiu recadar pouco máis de 41 millóns de dólares nos cines, partindo dun orzamento estimado duns 45 millóns de dólares. O filme si obtivo un maior éxito trala publicación das edicións para o fogar, pasando a estar considerado por moitos como un filme de culto. A baixa recadación nos cines fixo que unha secuela fose improbable, pero o bo número de vendas das edicións domésticas e os esforzos dos afeccionados apoiados pola editorial de 2000 AD, Rebellion, mantiveron viva a posibilidade dun segundo filme.

  1. "Dredd". British Board of Film Classification. 29 de agosto de 2012. Arquivado dende o orixinal o 31 de agosto de 2012. Consultado o 29 de agosto de 2012. 
  2. Lodderhose, Diana (3 de setembro de 2010). "Thirlby joins 'Judge Dredd'". Variety. Arquivado dende o orixinal o 21 de abril de 2013. Consultado o 3 de setembro de 2012. 
  3. "Dredd (2012)". The Numbers. 23 de decembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2013. Consultado o 23 de decembro de 2013. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy