Dylan

Dylan é unha linguaxe de programación funcional e orientada a obxectos.

Vén sendo unha versión depurada e simplificada de CLOS, un sistema de programación orientada a obxectos desenvolto en Common Lisp. En Dylan, a maioría das entidades (incluíndo os tipos de datos primitivos, métodos e clases) son obxectos de primeira “clase”. Os programas poden ser escritos desde unha forma fortemente tipeada a unha forma debilmente tipeada. Dylan soporta herdanza múltiple, polimorfismo, palabras clave, macros, e moitas outras características avanzadas.

A meta de Dylan é ser unha linguaxe apropiada para o desenvolvemento de software comercial.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy