Esferoplasto

Un esferoplasto de E. coli.

Un esferoplasto é unha célula á cal se lle eliminou case completamente a parede celular pola acción da penicilina. Aplícase xeralmente a bacterias, pero tamén a outros microorganismos, por exemplo lévedos. O nome procede do feito que despois de que se dixire a parede celular dun microbio, a tensión da membrana causa que a célula adquira unha característica forma esférica. Os esferoplastos son osmoticamente fráxiles, e sofren lise se son transferidos a unha solución hipotónica.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy