Espermatocito

Espermatoxénese na que as células progresan desde espermatogonias a espermatocitos primarios, espermatocitos secundarios, espermátidas e, finalmente, espermatozoides.

Os espermatocitos[1] son un tipo de gametocito masculino dos animais. Derivan de células xerminais inmaturas chamadas espermatogonias. Encóntranse nos testículos nunha estrutura chamada túbulos seminíferos.[2] Hai dous tipos de espermatocitos: primarios e secundarios. Os espermatocitos primarios son células diploides que se forman a partir de espermatogonias polo proceso mitótico da espermatocitoxénese. Os espermatocitos primarios sofren a primeira división meiótica dando lugar a espermatocitos secundarios haploides con cromosomas de dúas cromátides. Despois, os espermatocitos secundarios realizan a segunda división meiótica orixinando espermátides haploides con cromosomas dunha cromátide.[3][2]

En todos os animais os machos producen espermatocitos, incluso en animais hermafroditas como o verme nematodo Caenorhabditis elegans, que pode existir como macho ou como hermafrodita. Nos C. elegans hermafroditas prodúcese primeiro unha produción de espermatozoides, que é almacenada na súa espermateca. Unha vez que se forman os ovos, estes poden ser autofecundados con dito esperma e producir ata 350 fillos.[4]

  1. Definición de espermatocito no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  2. 2,0 2,1 Boron, Walter F., MD, Ph.D., Editor; Boulpaep, Emile L. (2012). "54". Medical physiology a cellular and molecular approach (Print) (Updated second ed.). Philadelphia: Saunders Elsevier. ISBN 978-1-4377-1753-2. 
  3. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome sperm
  4. Riddle, DL; Blumenthal, T; Meyer, B.J.; et al., eds. (1997). "I, The Biological Model". C. elegans II (2nd ed.). Cold Spring Harbor. NY: Cold Spring Harbor Laboratory Press. Consultado o 13 de abril de 2014. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy