FCBotiga

Interior da FC Botiga situada no Camp Nou
Vista da FC Botiga situada no Camp Nou

A FCBotiga é a tenda oficial do Futbol Club Barcelona. A tenda principal, chamada FCBotiga Megastore, situada na mesma chaira do Camp Nou, foi reinaugurada en xaneiro de 2003 logo dun forte investimento económico para mellorar o aspecto, a funcionalidade e o espazo.[1] Nos seus máis de 2.000 m² pódense atopar máis de 3.000 produtos varios do Futbol Club Barcelona. O récord de visitantes nun día foi o 23 de maio de 2009 con 21.200 visitas.[2] A facturación en 2008 foi de 30 millóns de euros.[3]

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2011. Consultado o 27 de xullo de 2011. 
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2011. Consultado o 27 de xullo de 2011. 
  3. http://www.sport.es/default.asp?idpublicacio_PK=44&idioma=CAS&idtipusrecurs_PK=7&idnoticia_PK=588837

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy