Filibusteiro

Filibusteiro (< francés flibustier < inglés freebooter < holandés vrijbuiter ['que se fai do botin libremente']; tamén podería proceder do inglés fly-boat ['tipo de veleiro rápido']) era o nome que recibía o pirata que no século XVII formaba parte dos grupos que actuaban no mar das Antillas.

O último triunfo destes piratas foi a toma de Cartaxena de Indias en 1697, coa axuda dunha frota de corsarios franceses. Desde entón o seu número diminuíu rapidamente, e non se atopan referencias históricas deles a partir do século XVIII.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy