Forti


Forti
Nome completo Italia Forti Corse
Bandeira Italia
Baseada en Alessandria, Italia
Tempadas en activo 2 1995-1996
Número de pilotos Italia Luca Badoer
Pedro Diniz
Italia Andrea Montermini
Roberto Moreno
Debut Gran Premio do Brasil de 1995
Carreiras 27
(44 saídas de 54 participacións)
Campionatos de Construtores 0
Campionatos de Pilotos 0
Vitorias 0 (Mellor posición: 7º, Gran Premio de australia de 1995)
Pole positions 0 (Mellor posición: 19º, Gran Premio do Brasil de 1996)
Voltas Rápidas 0
Puntos totais 0
Derradeiro GP Gran Premio do Reino Unido de 1996

Forti Corse, comunmente coñecido como Forti, foi un equipo Italiano de automobilismo coñecido principalmente pola súa breve, e pouco exitosa participación na Fórmula Un a mediados da década de 1990. Fundouse a finais de 1970 e competiu nas fórmulas inferiores durante dúas décadas. Os éxitos do equipo durante este período incluíron catro campionatos de pilotos na Fórmula 3 italiana durante a década de 1980, e vitorias nas carreira do campionato de Fórmula 3000 Internacional, na que competiu de 1987 de 1994. A partir de 1992, o cofundador Guido Forti desenvolveu unha relación co multimillonario brasileiro Abílio dos Santos Diniz que deu ao fillo de Diniz, Pedro piloto de carreiras, un asento permanente no equipo e un orzamento suficientemente alto como para considerar entrar na Fórmula Un.

Forti presentouse na Fórmula Un como un construtor e participante en 1995, pero o seu primeiro coche o Forti FG01 demostrouse pouco competitivo, e o equipo non puido anotar ningún punto. Malia este contratempo, Forti estaba comprometido cun contrato de tres anos con Diniz, que rompeuse cando Pedro trasladouse ao equipo Ligier antes da tempada de Fórmula Un de 1996, levando a maioría de diñeiro dos patrocinadores do equipo con el. Con todo, Forti continuou competindo no deporte, e produciu o moi mellorado chasis FG03, antes de sucumbir aos problemas financeiros de metade de tempada logo dun infrutuoso acordo de última instancia cunha misteriosa entidade coñecida como Shannon Racing. O equipo competiu nun total de 27 grandes premios, sen lograr anotar ningún punto, e é recoñecido como un dos últimos equipos en verdade privados en competir nunha época en que moitas dos grandes fabricantes de automóbiles foron aumentando a súa participación no deporte.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy