Fortuniano

Sección estratotipo e punto de límite global (GSSP) do límite Ediacárico-Cámbrico na Reserva Ecolóxica de Fortune Head, Terra Nova, Canadá.

O Fortuniano ou Fortuniense é un piso xeolóxico, que marca o comezo do Fanerozoico, o Paleozoico e o Cámbrico. É o primeiro dos dous pisos e idades do Terreneuviano.

A súa base defínese pola primeira aparición da pegada fósil de Trichophycus pedum, hai 541,0 ± 1,0 millóns de anos. A parte superior do Fortuniano, que é a base do piso 2 do Cámbrico, non se definiu formalmente aínda, pero correspondería á aparición dunha especie de arqueociato de hai aproximadamente 529 millóns de anos.[1]

  1. "Global Boundary Stratotype Section and Point". International Commission of Stratigraphy. Arquivado dende o orixinal o 15 de novembro de 2012. Consultado o 2/11/2012. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy