Haradrim

Dous nobres haradrim celebran unha vitoria.

Haradrim é o nome dunha raza ficticia de Homes do legendarium do escritor británico J. R. R. Tolkien. Son os habitantes de Harad, terra situada ó sur da Terra Media. A súa orixe é incerto, pero parece lóxico pensar que se trata de Homes nados en Hildórien que emigraron ó sur da Terra Media, e que na Segunda Idade do Sol caeron baixo o influxo, primeiro dos Númenóreanos e logo de Sauron, a través dos sobreviventes de Númenor coñecidos como os Númenóreanos Negros

Os Haradrim mantiveron unha guerra case constante contra o Reino de Gondor, por iso se aliaron con Sauron na Guerra do Anel. Utilizan os Olifantes como medio de transporte.

En The Lord of the Rings: The Return of the King, a adaptación cinematográfica de Peter Jackson, os haradrim están inspirados nos pobos azteca e de Kiribati.[1]

  1. Documental "ROTK DVDs Weta Workshop", na versión estendida de The Lord of the Rings: The Return of the King.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy