Kobroor | |
---|---|
Localización da illa na parte inferior dereita do mapa | |
Mapa da illa | |
Situación | |
País | Indonesia |
Arquipélago | Illas Aru |
Mar | Mar de Arafura |
Coordenadas | 5°30′00″S 134°35′00″L / -5.50000, -134.58333Coordenadas: 5°30′00″S 134°35′00″L / -5.50000, -134.58333 |
Xeografía | |
Superficie | 1.723 km² |
Punto máis alto | 124 m. |
A illa de Kobroor (en indonesio: Pulau Kobroor) é unha illa do grupo das illas Aru,[1] no mar de Arafura. Administrativamente pertence á provincia de Molucas, Indonesia. A súa superficie é de 1.723 km² e, por extensión, é a 225ª illa maior do mundo.
As outras illas principais do arquipélago son Tanahbesar (tamén chamada Wokam), Trangan, Kola e Maikoor. O estreito chamado Manoeambi River separa a illa de Kobroor, polo seu lado norte, da illa de Tanahbesar e o Workai River sepáraa, polo sur, de Maikoor e Koba.