Nome completo | Lyncar |
---|---|
Bandeira | |
Baseada en | Reino Unido |
Tempadas en activo | 2 (1974-1975) |
Número de pilotos | John Nicholson |
Debut | Gran Premio do Reino Unido de 1974 |
Carreiras | 2 |
Campionatos de Construtores | 0 |
Campionatos de Pilotos | 0 |
Vitorias | 0 |
Pole positions | 0 |
Voltas Rápidas | 0 |
Puntos totais | 0 |
Derradeiro GP | Gran Premio do Reino Unido de 1975 |
Lyncar foi un construtor de Fórmula 1 do Reino Unido. Só participou en 2 grandes premios, os Gran Premio do Reino Unido de 1974 e 1975, participando cun total de 2 coches.
A participación de Lyncar na F1 foi en gran parte debido á insistencia do mecánico de McLaren e corredor afeccionado John Nicholson, que participara con grande éxito nunha tempada cun Lyncar na Fórmula Atlántico. Encargou a Martin Slater a construción dun Lyncar de Fórmula Un para el, co que participou en carreiras fóra de campionato e nos Gran Premio do Reino Unido de 1974 e 1975, clasificándose para o último.[1]
O coche foi posteriormente cedido a Emilio de Villota para participar no Campionato Británico de Fórmula 2.