Mestis

Modelo:Competición deportivaMestis
Tipoliga deportiva Editar o valor em Wikidata
Deportehóckey sobre xeo Editar o valor em Wikidata
Liga superiorSM-liiga Editar o valor em Wikidata
Liga inferiorSuomi-sarja Editar o valor em Wikidata
Localización  e  Datas
PaísFinlandia Editar o valor em Wikidata
Vixencia2000 – Editar o valor em Wikidata
Período de ocorrencia1 ano Editar o valor em Wikidata
Outro
Páxina web oficialmestis.fi Editar o valor em Wikidata

A Mestis, (de Mestaruussarja), é a segunda categoría do hóckey sobre xeo finlandés por detrás da SM-liiga, e a máxima categoría á que pode ascender un equipo por méritos deportivos.

A liga foi creada no ano 2000 para substituír a primeira división. Dende aquela converteuse na máxima categoría á que pode ascender un equipo por méritos deportivos no país, xa que ese ano a SM-liiga foi pechada e ningún equipo pode acceder á liga sen ser aceptado pola liga. Logo da tempada 2004-05, o KalPa foi aceptado na SM-liiga.

No ano 2022 o HK Zemgale letón converteuse no primeiro equipo estranxeiro en participar na competición,[1] con todo a participación do equipo letón na Mestis non continuou na tempada 2023-24.[2]

Na primavera de 2023 a Mestis outorgaba unha licenza aos Jokerit de Helsinqui,[3] que competiran na SM-liiga[a] ata a tempada 2013-14, logo da cal pasaron a competir na Kontinental Hockey League (KHL) euroasiática. Os Jokerit abandonaron a KHL antes do inicio dos play-offs da tempada 2021-22 logo da invasión rusa de Ucraína a finais de febreiro de 2022.[4][5] Do mesmo xeito, a liga anunciaba que, debido á situación económica dos Peliitat de Heinola, a liga decidira non concederlles unha licenza para continuar na competición un ano máis,[6] a pesar de que o equipo conseguira manter a súa praza na liga logo de vencer a serie de pomoción/descenso fronte o Nokian Pyry (4-0).[7]

  1. "Latvian mestari HK Zemgale pelaa ensi kaudella Mestistä" (en finés). Mestis.fi. 12 de agosto de 2022. Consultado o 17 de outubro de 2022. 
  2. Eskelinen, Jesse (3 de maio de 2023). "Jokereille myönnettiin Mestis-lisenssi – Peliitat jäi ilman lisenssiä". Jatkoaika (en finés). Consultado o 5 de maio de 2023. 
  3. Kivioja, Olli; Touru, Ville (3 de maio de 2023). "Vahvistus tuli! Jokerit Mestikseen". Ilta Sanomat (en finés). Consultado o 5 de maio de 2023. 
  4. "JOKEREIDEN KAUSI ON OHI" (en finés). jokerit.com. 25 de febreiro de 2022. Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2022. Consultado o 25 de febreiro de 2022. 
  5. Miettinen, Heikki; Hakola, Tero (5 de abril de 2022). "Jokerit antoi lopullisen vahvistuksen – seura jättää hyvästit KHL-liigalle". Helsingin Sanomat  (en finés). Consultado o 6 de abril de 2022. 
  6. "Kohuseura pudotettiin Mestiksestä – näin kulissipeli ratkesi: "Ei se auta, että suullisesti jotain vähän lupailee"". mtvuutiset.fi (en finés). 3 de maio de 2023. Consultado o 5 de maio de 2023. 
  7. "JoKP välieriin toisessa jatkoerässä ratkenneen jännitysnäytelmän päätteeksi - Peliitat säilytti Mestis-paikan" (en finés). Mestis.fi. 4 de abril de 2023. Consultado o 5 de maio de 2023. 


Erro no código da cita: As etiquetas <ref> existen para un grupo chamado "lower-alpha", pero non se atopou a etiqueta <references group="lower-alpha"/> correspondente


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy