Nanunanu-i-Ra | |
---|---|
Nananu-i-ra | |
Hotel en Nanunanu-i-Ra | |
Situación | |
País | Fidxi |
Subdivisións de Fidxi | División Occidental |
Provincia | Ra |
Arquipélago | Grupo Viti Levu |
Mar | Océano Pacífico |
Coordenadas | 17°18′S 178°13′L / -17.300, -178.217Coordenadas: 17°18′S 178°13′L / -17.300, -178.217 |
Xeografía | |
Superficie | 3´5 km² |
Punto máis alto | 180 m. |
Distancia a terra | 3 km. |
Demografía | |
Poboación | 40 hab. |
Nananu-i-Ra é unha illa en Fidxi a uns 3 quilómetros da costa norte da illa principal de Viti Levu, preto da cidade de Rakiraki na provincia de Ra. A illa ten 3´5 quilómetros cadrados e ten unha elevación máxima de 180 metros. O nome "Nananu-I-Ra" significa "Ensoño do oeste" en Fidxiano. A Mitoloxía fidxiana sostén que Nananú-I-Ra é o punto de partida para os espíritos incorpóreos que deixan este mundo para o máis aló.
O pico máis alto e o miradoiro do lado oriental conten os restos dun antigo asentamento con cerámica fracturada e decorada na parte baixa con lendas de criaturas míticas.
As trampas para peixes da era tribal foron a fonte principal de comida e aínda existen nalgúns lugares de Nananu-i-Ra.
No seu tempo foi un próspero destino turístico, en gran parte esquecido, ten unha inmensa importancia xeopolítica, xa que está situado entre os portos e puntos de aterraxe entre Viti Levu e Vanua Levu.
Nananu-i-Ra é propiedade privada con numerosas subdivisións dispoñibles para a venda a partir de 2018 e é principalmente unha zona residencial.
Ten fama como lugar de praias virxes con magníficos arrecifes e está situada a pouca distancia de Ellington Wharf ou Wananavu Resort con conexións dispoñibles en calquera momento por operadores de barcos locais.
O concello máis próximo é Raki Raki que atenderá e servirá todas as necesidades dun residente ou turista.
Vodafone Fidxi ofrece un servizo de Internet prepago con cobertura total en Nananu-i-Ra.
As turbinas eólicas son a fonte de enerxía que alimentan a maioría dos fogares dos residentes.
As illas veciñas inclúen a illa Dolphin e a illa de Nanan-i-Cake.