Nuda

Os Nuda (Nus) son unha clase do filo Ctenophora; o seu nome alude á súa principal característica diferencial, a ausencia de tentáculos. Inclúe unha orde chamado Beroida e unhas 25 especies en dous xéneros, Beroe e Neis.[1]. Os beroideos son animais con forma cónica ou de saco. Posúen unha ampla boca e un longo canle farínxeo e canles gastrovasculares ramificados que lle serven para tragar enteiros organismos grandes. No extremo aboral presentan un órgano sensorial. Algúns membros do xénero Beroe sp. podemos atopalos no océano Atlántico como no Pacífico acadando en ocasións lonxitudes de 20 cm ou máis.

  1. Phylum Ctenophora: list of all valid species names. Última actualización 28 de Xuño de 2009

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy