OGAE

OGAE (siglas de Organisation Génerale des Amateurs de l'Eurovision, Organización Xeral de Amantes de Eurovisión) é unha organización internacional fundada en 1984, en Savonlinna, Finlandia, por Jari-Pekka Koikkalainen.[1] Consiste nunha rede de 40 clubs de fans do Festival da Canción de Eurovisión dentro e fóra de Europa, non gobernamental, apolítica e sen ánimo de lucro.[2]

Organiza anualmente catro competicións sen ánimo de lucro para promocionar a música popular entre os fans de Eurovisión por todo o planeta.[3] Frecuentemente traballa en cooperación coa Unión Europea de Radiodifusión para axudala a promocionar o Festival de Eurovisión, e tamén estabeleceu unha relación estreita coas emisoras nacionais dos países participantes.[3]

O actual presidente da Rede OGAE Internacional é Maiken Mäemets, de OGAE Finlandia, que sucedeu no cargo en 2011 a Antonis Karatzikos, de OGAE Grecia. Na convención anual dos membros da OGAE o 17 de maio de 2013 en Malmö, Suecia, Mäemets foi reelixido para outros dous anos.[4]

  1. "Eurovision Fanclub Network". OGAE. 
  2. "Club History". OGAE Finland. Arquivado dende o orixinal o 10 de agosto de 2012. Consultado o 18 de maio de 2017. 
  3. 3,0 3,1 "Company Overview". OGAE International Network. 
  4. "OGAE International Board members elected". ESCToday. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy