Papiermark

Papiermark †
Papiermark
5 millardos de marcos20 millóns de marcos
Código:M
Ámbito: Imperio Alemán
Alemaña República de Weimar
Cidade Libre de Danzig
República Soviética de Baviera
Símbolo:,
Fracción:100 pfennig
Moedas:1, 2, 5, 10, 50 pfennig
Billetes:1, 2, 5, 10, 20, 50, 100, 500 marcos
1, 5, 10, 20, 50, 100, 200, 500 mil marcos
1, 2, 5, 10, 20, 50, 100, 500 millóns de marcos
1, 5, 10, 20, 50, 100, 200, 500 mil millóns de marcos
1, 2, 5, 10, 20, 50, 100 billóns de marcos.
Emisor:Reichsbank
Taxa de troco:
Moeda obsoleta en uso.

O nome Papiermark (en galego: marco de papel) aplícase á moeda de curso legal en Alemaña a partir do ano 1914, cando se abandonou a relación entre o marco e o ouro debido ao estalido da primeira guerra mundial, relación que servira de base á moeda do Imperio alemán, o Marco de ouro alemán, máis coñecido como Goldmark.

En particular, o nome utilízase para os billetes emitidos na época de hiperinflación en 1922 e, especialmente, en 1923. Isto debeuse a que o goberno alemán decidiu pagar a débeda resultante da guerra emitindo papel moeda.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy