Pseudocor

Un mosaico construído a partir dunha serie de 53 imaxes tomadas a través de tres filtros espectrais polo sistema de imaxes Galileo cando sobrevoou as rexións do norte de Lúa en decembro de 1992

Cor falsa, falsa cor ou pseudocor refírese a un grupo de métodos de visualización dos datos empregados para amosar imaxes en cor que foron gravadas nas partes visibles ou non visibles do espectro electromagnético. Unha imaxe en falsa cor é unha imaxe que representa un obxecto en cores que difiren das que amosaría unha fotografía (unha imaxe en cor verdadeira segundo a nosa percepción da cor). Nesta imaxe, as cores asignáronse a tres lonxitudes de onda diferentes que os nosos ollos normalmente non poden ver.

Ademais, as variantes de falsa cor como pseudocolor (pseudocor), density slicing (corte de densidade) e coropleths úsanse para a visualización de información de datos recollidos por unha única canle en escala de grises ou datos que non representan partes do espectro electromagnético (por exemplo, elevación en mapas de relevo ou tipos de tecidos en imaxe por magnética).


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy