Un quelato é un composto químico formado por un ión metálico ligado por varias ligazóns covalentes a unha estrutura heterocíclica de compostos orgánicos coma aminoácidos, péptidos ou polisacáridos.
O nome quelato provén da palabra grega χηλή, chele, que significa garra ou pinza, referíndose ao xeito polo cal os ións metálicos son “aprisionados” no composto.