Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2015.) |
O restauracionismo é unha tendencia que define a un conxunto variado de movementos relixiosos autodefinidos a si mesmos como o descubrimento e "restauración" en tempos modernos da forma orixinal do cristianismo. Baixo a cobertura do termo atópanse varios movementos relixiosos motivados por unha idea comparable de recuperación das orixes do cristianismo. Algúns destes movementos orixináronse nas illas británicas, pero só progresarían nos Estados Unidos e posteriormente en terras da súa fronteira occidental durante o século XIX coa chegada do chamado Segundo Grande Espertar.
Con carácter máis xeral, esta tendencia é coñecida co nome de primitivismo (que caracteriza a moitos movementos que se remontan ao cristianismo primitivo e que tamén teñen lugar en tempos modernos, incluíndo aos bautistas e, antes que eles, aos anabaptistas).