Sanfermines

Imaxe do ambiente festivo dos Sanfermines. Rúa de San Nicolás, próxima á Plaza del Castillo.

As Festas de San Firmino (en castelán: San Fermín), coñecidas popularmente como Sanfermines (en éuscaro: Sanferminak), son unhas festas na honra a San Firmino que se celebran anualmente en Pamplona, capital de Navarra, no norte de España.

Os festexos comezan co lanzamento do txupinazo (foguete) desde o balcón da Casa do Concello de Pamplona ás 12 do mediodía do 6 de xullo e terminan ás 24h do 14 de xullo co "Pobre de mí", unha canción de despedida.

Unha das actividades máis famosas dos Sanfermines é o encerro, que consiste nunha carreira de 849 metros diante dos touros e que culmina na praza de touros. Os encerros teñen lugar todos os días entre o 7 e o 14 de xullo e comezan ás oito da mañá, cunha duración media de entre dous e tres minutos.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy