Smithwick's

Fábrica de Smithwick's en Kilkenny coa antiga abadía.

Simithwikck's é unha marca de cervexa irlandesa orixinaria de Kilkenny (fabrica só unha pequena parte), aínda que agora tamén se fabrica en Dundalk (onde se elabora a cervexa vendida en supermercados e a maior parte da cervexa explotada). A cervexa Smithwick’s foi elaborada inicialmente en St. Francis Abbey Brewery, en Kilkenny, coñecida como Smithwicks Brewery ata aproximadamente o ano 2000. É a terceira cervexa máis popular de Irlanda por detrás de Guinness e Murphy's. Ten unha gradación alcohólica de 3.8 graos en Irlanda e de 4,5 en Norteamérica.[1]

A cervexeira está situada no lugar da abadía franciscana na que os monxes elaboraban o ale dende o século XIV e nela atópanse as ruínas da abadía orixinal. A Smithwick’s ale gañou seis medallas de ouro no Monde Selection Beer Tasting Competition[2]

  1. Kitsock, G. "Wearing Green, Drinking Red", The Washington Post, 14 de marzo de 2007.
  2. Diageo - Prizes

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy