TV3

TV3
Inicio das emisións 10 de setembro de 1983
Propiedade de CCMA
Formato da imaxe 1080i HDTV
Datos de audiencia 15,2% (outubro 2012, VerTele)
País España España
Lingua Catalán
Área de emisión Cataluña Cataluña
Illas Baleares Illas Baleares
Aragón Aragón
Andorra Andorra
Francia Pireneos Orientais
Canle/s irmá(s) El 33
Esport 3
Canal Super3
3XL
3/24
TV3CAT
TV3HD

Na rede
www.ccma.cat/tv3/
Twitter: som3Cat Instagram: tv3cat Youtube: UCSfMEzJX9i4-3Xl6KFv3DAA TikTok: som3cat Editar o valor em Wikidata

TV3 é a principal canle de televisión pública de Cataluña, pertencente a Televisió de Catalunya. Comezou a emitir o 10 de setembro de 1983[1], emitindo con regularidade desde o 16 de xaneiro de 1984[2].

Foi a segunda canle de televisión autonómica que se instaurou en España logo de ETB 1 de Euskal Telebista, ademais da primeira en emitir toda a súa programación exclusivamente en catalán. É unha peza fundamental na normalización do catalán, non só en Cataluña, xa que se pode sintonizar en Andorra, leste de Aragón, Baleares e o Rosellón.

Algúns dos seus programas máis populares foron ou son Ventdelplà, Plats bruts, Dinamita, El cor de la ciutat, Temps de silenci, La columna, Alguna pregunta més?, Polònia, Crackòvia ou Els matins.

  1. "Información da TV3 na Xarxa Telemàtica Educativa de Catalunya". Arquivado dende o orixinal o 03 de decembro de 2007. Consultado o 28 de maio de 2008. 
  2. Alícia Conesa L'arxiu audiovisual de Televisió de Catalunya (PDF) Arquivado 06 de febreiro de 2011 en Wayback Machine., Departament de Documentació de Televisió de Catalunya, 2005, páx. 3

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy