As termodesulfobacterias (Thermodesulfobacteria) son un pequeno grupo de bacterias que se consideran un filo [1], formado por bacterias termófilas[2] redutoras de sulfato.
O xénero principal é Thermodesulfobacterium, que é unha das bacterias redutoras de sulfato máis termófilas, pero non un hipertermófilo. Anaerobio estrito que utiliza lactato, piruvato e etanol como doantes de electróns para reducir sulfato a sulfuro de hidróxeno. Ten lípidos con enlaces éter e cun poliisoprenol característico e algúns ácidos graxos.[3]
- ↑ Vick TJ, Dodsworth JA, Costa KC, Shock EL, Hedlund BP (2010). "Microbiology and geochemistry of Little Hot Creek, a hot spring environment in the Long Valley Caldera". Geobiology 8 (2): 140–54. PMID 20002204. doi:10.1111/j.1472-4669.2009.00228.x.
- ↑ Jeanthon C, L'Haridon S, Cueff V, Banta A, Reysenbach AL, Prieur D (2002). "Thermodesulfobacterium hydrogeniphilum sp. nov., a thermophilic, chemolithoautotrophic, sulfate-reducing bacterium isolated from a deep-sea hydrothermal vent at Guaymas Basin, and emendation of the genus Thermodesulfobacterium". Int. J. Syst. Evol. Microbiol. 52 (Pt 3): 765–72. PMID 12054236.
- ↑ M. Madigan, J. Martinko, J. Parker. Brock Microbiología de los Microorganismos. Pearson-Prentice Hall. (2004). 10ª edición. Páxina 437. ISBN 84-205-3679-2.