Terraza

Terraza no edificio do museo de Escocia.

A terraza, azotea, eirado ou airado é a parte chá situada no alto dun edificio, cubríndoo total ou parcialmente. Adoita permitirse o acceso a ela para se asomar, tender a roupa ou colocar antenas. En edificios especialmente altos e grandes pode atoparse incluso un heliporto[1] ou repetidores da televisión.[2]

Moitas terrazas foron transformadas en xardíns, chamados teitos ou cubertas verdes (roof gardens).

Por extensión, tamén se denomina terraza á parte dunha cafetaría ou dun bar situada na beirarrúa ou nunha praza.

  1. "DEIA.com - La Torre Iberdrola será el primer edificio vasco en contar con helipuerto". Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2008. Consultado o 15 de novembro de 2012. 
  2. mundoplus.tv - ¿Qué necesito para recibir la TDT?[Ligazón morta]

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy