Thermoplasmata

Thermoplasmata
Clasificación científica
Dominio: Archaea
Reino: Euryarchaeota
Filo: Euryarchaeota
Clase: Thermoplasmata
Orde
Sinonimia
  • Thermoplasmata Reysenbach 2002

Thermoplasmata é unha clase de arqueas Euryarchaeota.[1]

Trátase de arqueas acidófilas que crecen a pHs óptimos arredor de 2, e algúns, como Picrophilus crecen a pH 0,06, que é o mínimo coñecido para un organismo. A maioría das especies son tamén termófilas. Moitos dos termoplasmados non teñen parede celular, pero algúns si, como o mencionado Picrophilus. Actualmente todas as especies da clase clasifícanse nunha única orde, as Thermoplasmatales.

  1. Ver no NCBI a páxina para Thermoplasmata. Datos extraídos de "NCBI taxonomy resources". National Center for Biotechnology Information. Consultado o 2007-03-19. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy