Titanfall

Titanfall
Logo do videoxogo.
Desenvolvedor(es)Respawn Entertainment
Distribuidora(s)Electronic Arts
Director(es)Steve Fukuda
Produtor(es)Drew McCoy
Deseñador(es)Justin Hendry
Artista(s)Joel Emslie
Compositor(es)Stephen Barton
MotorSource[1]
Lanzamento2014
XéneroTirador en primeira persoa
Modos de xogoMultixogador
Clasificación USK
Plataforma(s)Microsoft Windows
Xbox One
Xbox 360
Na rede
Páxina oficial
IMDB: tt3304506 Twitter: Titanfallgame Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Titanfall é un videoxogo multixogador de tirador en primeira persoa desenvolvido por Respawn Entertainment e publicado por Electronic Arts. Foi lanzado para Microsoft Windows e Xbox One o 11 de marzo de 2014. Unha versión para Xbox 360 foi adaptada por Bluepoint Games e foi estreado o 8 de abril de 2014. Titanfall creou moita expectativa e volveuse un dos xogos máis agardados do ano, xa que era o primeiro título creado por algúns dos ex-produtores da exitosa serie Call of Duty.

En Titanfall, os xogadores controlan “pilotos” e os seus Titáns de estilo-"robot", nun escenario de guerra de colonias espaciais en xogos de seis contra seis. O xogo foi optimizado para ter unha fluidez rápida, axudando ó xogador con varias habilidades como a posibilidade de correr polas paredes e as poboacións de soldados controlados pola intelixencia artificial (IA). Nun único xogo poden estar até cincuenta personaxes, e a actividade que non é dada polo xogador é cargada polos servizos de computación na nube de Microsoft, mellorando así o desempeño gráfico local. O equipo de produción comezou a traballar no título no 2011, e o concepto Titán medrou dende un tamaño humano até o exoesqueleto do tamaño du tanque de batalla. O equipo quería con iso levar os elementos de "escala, verticalidade e historia"[2] para o xénero multixogador, algo tradicionalmente reservado ás campañas para un xogador. O procecto de 65 persoas sacou inspiración de Blade Runner, Star Wars, Abrams Battle Tank e Masamune Shirow de Ghost in the Shell.

O 12 de marzo de 2015 foi anunciada unha secuela, Titanfall 2, que será producida para PC, Xbox One e PlayStation 4.[3][4]

  1. Leadbetter, Richard (25 de agosto 2013). Eurogamer, ed. "Digital Foundry vs. Respawn: the Titanfall interview". Consultado o 10 de decembro de 2013. 
  2. Farokhmanesh, Megan (6 de outubro de 2013). Polygon, ed. "Titanfall devs wanted to 'stretch the limits' of FPS multiplayer games". Arquivado dende o orixinal o 06/10/2013. Consultado o 6 de outubro de 2013. 
  3. Luke Karmali (12 de marzo de 2015). IGN, ed. "TITANFALL 2 CONFIRMED, COMING TO XBOX ONE, PS4 AND PC". Consultado o 6 de maio de 2015. 
  4. Eurogamer, ed. (12 de abril de 2016). "Titanfall 2 anunciado para PC, Xbox One e PS4". Consultado o 12de abril de 2016. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy