Vanikoro

Vanikoro
Vista da illa
Localización da illa
Situación
PaísIllas Salomón
ProvinciaTemotu
ArquipélagoIllas Santa Cruz
MarOcéano Pacífico
Coordenadas11°39′S 166°54′L / -11.650, -166.900
Xeografía
Superficie173 km²
Longura máxima23´4 km.
Largura máxima13´6 km.
Punto máis alto923 m. Monte Banie
Demografía
CapitalPuma
Poboación900
Densidade5´2 hab./km² hab./km²

Vanikoro (tamén coñecida como Vanikolo) é unha illa do Grupo Santa Cruz, que se atopa a 118 quilómetros ao sueste do grupo principal de Santa Cruz. Pertence administrativamente á provincia de Temotu nas Illas Salomón.

O nome Vanikoro utilízase sempre coma se se referise a unha soa illa, tanto pola súa unidade xeofísica e cultural. Pero, tecnicamente trátase dun grupo de varias illas próximas rodeadas por unha soa barreira de coral. Só as dúas illas principais están habitadas: a máis grande Banie, e a máis pequena Teanu (ou Tevai). Outros illotes deshabitados no grupo de Vanikoro son Manieve, Nomianu e Nanunga. A superficie total do grupo Vanikoro é de 173 km².


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy