Worldcon, ou World Science Fiction Convention, a convención anual da Sociedade Mundial de Ciencia Ficción (WSFS), é unha convención de ciencia ficción. Levouse a cabo cada ano dende 1939 (agás entre 1942 e 1945 por mor da segunda guerra mundial).[1] Os membros de cada Worldcon son os membros de WSFS, e votan para escoller o sitio da Worldcon dous anos despois e para seleccionar os gañadores dos Premios Hugo anuais, que se presentan en cada convención. Normalmente celébrase no verán estadounidense (agosto ou setembro), nas costas leste ou oeste dos Estados Unidos de América.