12 anos de escravitude | |
---|---|
Logo título do filme | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | 12 Years a Slave |
Director | Steve McQueen |
Produtor | Brad Pitt Dede Gardner Jeremy Kleiner Bill Pohlad Steve McQueen Arnon Milchan Anthony Katagas |
Guión | John Ridley |
Baseado en | Twelve Years a Slave de Solomon Northup |
Intérpretes | Chiwetel Ejiofor Michael Fassbender Benedict Cumberbatch Paul Dano Paul Giamatti Lupita Nyong'o Sarah Paulson Brad Pitt Alfre Woodard |
Música | Hans Zimmer |
Fotografía | Sean Bobbitt |
Montaxe | Joe Walker |
Estudio | Regency Enterprises Film4 River Road Entertainment Plan B Entertainment |
Distribuidora | Fox Searchlight Pictures (USA) Summit Entertainment (Internacional) Film4/Channel 4/eOne UK (RU) |
Estrea | 30 de agosto de 2013 |
Duración | 134 minutos |
Orixe | Reino Unido Estados Unidos |
Xénero | Drama, histórico |
Orzamento | $20 000 000[1] |
Recadación | $187 700 000[2] |
Na rede | |
http://www.12yearsaslave.com/ e https://www.searchlightpictures.com/12yearsaslave/ | |
12 anos de escravitude[3] (en inglés: 12 Years a Slave) é un filme británico-estadounidense dirixido por Steve McQueen que se estreou no 2013. Baséase nas memorias de Solomon Northup Twelve Years a Slave (1853), un afroamericano nado no Estado de Nova York que foi secuestrado en Washington, D.C., e vendido en 1841 como escravo. Traballou nunhas plantacións do estado de Luisiana durante doce anos antes da súa liberación. A primeira edición académica das súa memorias, co-editada en 1968 por Sue Eakin e Joseph Logsdon, foi coidadosamente validada e chegouse á conclusión de que é precisa e certa.[4]
Este é o terceiro filme dirixido por Steve McQueen. O guión foi escrito por John Ridley. Chiwetel Ejiofor interpreta a Solomon Northup. Michael Fassbender, Benedict Cumberbatch, Paul Dano, Paul Giamatti, Lupita Nyong'o, Sarah Paulson, Brad Pitt e Alfre Woodard realizan papeis secundarios. A rodaxe tivo lugar en Nova Orleáns, Luisiana, dende o 27 de xuño ó 13 de agosto de 2012. As localizacións empregadas foron catro plantacións anteriores á Guerra Civil Estadounidense: Felicity, Magnolia, Bocage e Destrehan. Deses catro lugares, Magnolia é o máis achegado á plantación real onde Northup foi escravizado.
12 anos de escravitude recibiu loanzas da crítica, e foi descrito como o mellor filme do ano por numerosos medios de comunicación. Tamén foi un éxito de recadación, gañando máis de $158 millóns sobre uns custos de produción de $20 millóns. O filme gañou tres Premios Oscar: mellor filme, mellor actriz secundaria para Nyong'o e mellor guión adaptado para Ridley. Tamén foi galardoado co Globo de Ouro ó mellor filme dramático, e co BAFTA ó mellor filme e mellor actor para Ejiofor.