ALBA Berlin

Alba Berlin
Información xeral
Liga BBL / Euroleague
Alcume Berlin Albatrosse
Fundación 1991
Cores                Amarelo, azul
Presidente Alemaña Dieter Hauert
Adestrador España Israel González
Localización
Cidade Alemaña Berlín, Alemaña
Pavillón Mercedes-Benz Arena
Capacidade 14 500
Inauguración 10 de setembro de 2008
Campionatos
Copa Korać 1 (1995)
Liga 11 (1997, 1998, 1999, 2000, 2001, 2002, 2003, 2008, 2020, 2021, 2022)
Copa 11 (1997, 1999, 2002, 2003, 2006, 2009, 2013, 2014, 2016, 2020, 2022)
Supercopa 3 (2008, 2013, 2014)
albaberlin.de

O Alba Berlin, tamén coñecido como Berlin Albatrosse, é un equipo profesional de baloncesto alemán con sede na cidade de Berlín. O club foi fundado en 1991, e é hoxe o dos equipos de baloncesto xermano con máis afiliados. O Alba Berlin, que xoga os seus partidos como local no Mercedes-Benz Arena con capacidade para 14 500 espectadores, actualmente participa na Basketball Bundesliga e na Eurocup. Tras gañar once Ligas de Alemaña, once Copas, tres Supercopas e a Copa Korać en 1995, o Alba Berlin está considerado un dos clubs de baloncesto xermanos máis exitosos. Cunha media de asistencia por partido de máis de 10.000 espectadores durante a liga doméstica, é tamén un dos clubs máis populares de Europa. No ano 2012, o Alba foi o primeiro equipo alemán en xogar contra un campión da NBA, os Dallas Mavericks.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy