A Liberdade guiando o pobo

A Liberdade guiando o pobo
ArtistaEugène Delacroix
Data1830
Técnicaóleo sobre tela
Dimensións260 cm × 325 cm
LocalizaciónMuseo do Louvre (París)

A Liberdade guiando o pobo (en francés: La Liberté guidant le peuple) é unha obra do pintor francés Eugène Delacroix. Trátase dunha pintura alegórica da Revolución de Xullo do ano 1830, pintada no mesmo ano, que tivo lugar en París, e onde aparecen os diferentes estamentos sociais e tendencias que propiciaron estes feitos. En primeiro termo aparece unha representación alegórica da liberdade, que terma dun fusil con baioneta e unha bandeira francesa, a que se adoptou a partir desta revolución. O cadro foi pintado pouco despois dos feitos e foi adquirido polo rei Lois Filipe I de Francia. Actualmente atópase no Museo do Louvre de París.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in