A Perfect Circle

Logo da banda
OrixeOs Ánxeles, California, Estados Unidos de América Estados Unidos
Período1999 - 2004
2010 - presente
Xénero(s)rock alternativo
Selo(s) discográfico(s)Virgin Records
MembrosMaynard James Keenan
Billy Howerdel
Matt McJunkins
Jeff Friedl
James Iha
Antigos membrosTroy Van Leeuwen
Danny Lohner
Paz Lenchantin
Tim Alexander
James Iha
Jeordie White
Josh Freese
Na rede
http://www.aperfectcircle.com/
IMDB: nm3085965 Facebook: aperfectcircle Twitter: aperfectcircle Instagram: aperfectcircle MySpace: the1hollow Youtube: UC0UUsQjUpLtlG6dF60DQeIQ Souncloud: a-perfect-circle-official Spotify: 4DFhHyjvGYa9wxdHUjtDkc iTunes: 652503 Last fm: A+Perfect+Circle Musicbrainz: 078a9376-3c04-4280-b7d7-b20e158f345d Songkick: 549892 Discogs: 242802 Allmusic: mn0000479149 Deezer: 702 Genius: A-perfect-circle Editar o valor en Wikidata

A Perfect Circle (a miúdo tamén escrito como APC) é un supergrupo de rock formado nos Ánxeles (California) durante o ano 1999 polo guitarrista Billy Howerdel e o vocalista de Tool Maynard James Keenan. A súa primeira formación tamén incluía a Paz Lenchantin no baixo, a Troy Van Leeuwen na guitarra e a Tim Alexander á batería. A banda entrou nun período de hiato no ano 2004 cando contaba con James Iha (guitarra), Jeordie White (baixo) e Josh Freese (batería) nas súas filas ademais dos dous fundadores do grupo.

A Perfect Circle ten publicados tres álbums: Mer de Noms, Thirteenth Step e eMOTIVe. Tamén editou o CD-DVD aMOTION, que contén 13 vídeos musicais e remesturas de temas creados por Danny Lohner, Robert Del Naja e outros artistas.

Dende o parón do grupo en 2004 os seus membros veñen participando doutros proxectos. Os máis destacables foron o traballo de Keenan no álbum de Tool 10,000 Days, lanzado en 2006, e o de Howerdel fundando o grupo Ashes Divide.

Nunha entrevista a finais do 2008 Keenan anunciou que Howerdel máis el estaban traballando en novo material[1]. Porén, a banda non volvería realmente á actividade ata setembro do ano 2010, cando se anunciou unha xira e a edición de novas composicións, aínda que dende entón o grupo non lanzase ningunha gravación de estudio.

O 19 de novembro de 2013 a banda publicou un álbum de grandes éxitos titulado Three Sixty, que conterá unha nova canción, "By and Down", e o 23 dese mes editarou un box set chamado A Perfect Circle Live: Featuring Stone and Echo.[2] Mentres o grupo continua traballando en material novo dende o seu regreso, hai poucos detalles sobre o seu calandario ou formas de edición.

  1. ["New Music From A Perfect Circle On The Way?". blabbermouth.net (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 15 de marzo de 2013.  blabbermouth.net - New Music From A Perfect Circle On The Way?(en inglés)]
  2. "Rolling Stone - Maynard James Keenan Knows Where to Score a Good Wig". Arquivado dende o orixinal o 04 de outubro de 2013. Consultado o 03 de outubro de 2013. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in