A divina comedia

A divina comedia
Título orixinalLa Divina Commedia, Divine Comedy e Božanstvena komedija
Autor/aDante Alighieri
Lingualingua toscana e lingua italiana
Xénero(s)Epopea
Na rede
BNE: XX3383588
editar datos en Wikidata ]
Comencia la Comedia, 1472

A divina comedia, tamén coñecida como Comedia ou Divina comedia (en italiano Commedia /{komˈmɛdja/ ou Divina commedia /diˈvina komˈmɛdja/) é un poema de Dante Alighieri escrito en lingua vernácula, o dialecto toscano de Florencia, entre 1308 e a súa morte en 1321. O adxectivo Divina, atribuído a Boccaccio, atópase soamente a partir da edición impresa en 1555 por Ludovico Dolce.[1] A Commedia é a obra de Dante máis coñecida e unha importante testemuña da civilización medieval. Coñecida e estudada en todo o mundo, considérase unha das obras mestras da literatura do mundo de tódolos tempos[2].

Foi traducida ao galego por Darío Xohán Cabana, publicada en 1990 polo Servizo Central de Publicacións da Consellaría da Presidencia e Administración Pública, e galardoada un ano máis tarde coa Medalla de Ouro de Florencia[3]. Con todo, volvería ser retraducida polo mesmo tradutor e publicada de novo por Edicións da Curuxa en 2014[4].

  1. Micó 2018, p. 10.
  2. Vexa Harold Bloom (The Western Canon: The Books and School of the Ages )(en inglés), Il canone occidentale, Bompiani, Milano, 1996 (en italiano), Erich Auerbach, Studi su Dante, Feltrinelli, Milano 1964 (en italiano) e al.. Esta catalogada nos Grandes Libros do mundo occidental Great Books of the Western World (en inglés).
  3. Ficha no sitio web LG3.
  4. A Divina Comedia de Dante Alighieri, na páxina web de Edicións da Curuxa.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in