A esmorga | |
---|---|
Ourense. Ruta da esmorga. Avenida Zamora. | |
Título orixinal | A esmorga |
Autor/a | Eduardo Blanco Amor |
Ilustrador/a | Isaac Díaz Pardo |
Cuberta | Luís Seoane.[1] |
Orixe | Arxentina |
Lingua | galego |
Colección | Colección Mestre Mateo Biblioteca Blanco Amor Biblioteca Básica da Cultura Galega |
Xénero(s) | novela |
Editorial | Editorial Citania (Buenos Aires) Editorial Galaxia (Galicia) |
Data de pub. | 1959 en Buenos Aires [2] 1970 en Galicia |
Formato | rústica con lapelas |
Páxinas | 120 (1ª ed.) [3] |
ISBN | (varias reedicións) |
Seguido por | Os biosbardos (1962) |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A esmorga é unha novela tremendista[4] escrita por Eduardo Blanco Amor, publicada en Buenos Aires en 1959 e en Galicia en 1970. Foi unha das primeiras novelas galegas de posguerra, e marcou un fito na historia da literatura galega. A súa repercusión nas xeracións posteriores levouna a ocupar un lugar destacado do canon literario. O libro foi adaptado ao cinema e mailo teatro e traducido a varias linguas.
En 2020 Galaxia publicou unha edición ilustrada por Diego Estebo conmemorando os 50 anos da publicación en Galicia.[5][6]