A guerra das galaxias | |
---|---|
Logo da franquía Star Wars do filme orixinal A guerra das galaxias | |
Creador | George Lucas |
Obra orixinal | A guerra das galaxias (1977) |
Cine e televisión | |
Filmes | Saga:
Outros filmes:
Animación:
|
Series de televisión | Canon:
Lendas:
|
Xogos | |
Videoxogos | Lista de videoxogos de Star Wars |
A guerra das galaxias (en inglés Star Wars, literalmente «guerras estelares» ou «guerras das estrelas») é unha serie de oito filmes de ciencia ficción creada polo produtor, director e guionista norteamericano George Lucas, tralo éxito de American Graffiti. A serie comezou en 1977 con Star Wars Episodio IV: Unha Nova Esperanza, e dende entón converteuse nun fenómeno social e cultural, do que se crearon novelas, historias en banda deseñada, videoxogos... Isto permitiu a Lucas ampliar a historia con dous episodios máis: O Imperio Contraataca e O Retorno do Jedi, que continuarían o grande éxito da primeira. Vinte anos máis tarde, George Lucas comezaría a traballar nunha nova triloxía que narraría a historia inicial vinte anos antes do que acontece no episodio IV, desvelando a orixe de tódolos personaxes e da trama. Así, a nova triloxía consta dos Episodios I, II e III: A Ameaza Pantasma, O Ataque dos Clons e A Vinganza dos Sith, que resultarían un novo éxito comercial, pero un fracaso rotundo na crítica que fixo que o propio Lucas se retirase da dirección de novas películas da saga.