A guerra das galaxias

A guerra das galaxias
Logo da franquía Star Wars do filme orixinal A guerra das galaxias
CreadorGeorge Lucas
Obra orixinalA guerra das galaxias (1977)
Cine e televisión
FilmesSaga:

Outros filmes:

Animación:

Series de televisiónCanon:

Lendas:

Xogos
VideoxogosLista de videoxogos de Star Wars
Tropas imperiais en Santiago de Compostela.

A guerra das galaxias (en inglés Star Wars, literalmente «guerras estelares» ou «guerras das estrelas») é unha serie de oito filmes de ciencia ficción creada polo produtor, director e guionista norteamericano George Lucas, tralo éxito de American Graffiti. A serie comezou en 1977 con Star Wars Episodio IV: Unha Nova Esperanza, e dende entón converteuse nun fenómeno social e cultural, do que se crearon novelas, historias en banda deseñada, videoxogos... Isto permitiu a Lucas ampliar a historia con dous episodios máis: O Imperio Contraataca e O Retorno do Jedi, que continuarían o grande éxito da primeira. Vinte anos máis tarde, George Lucas comezaría a traballar nunha nova triloxía que narraría a historia inicial vinte anos antes do que acontece no episodio IV, desvelando a orixe de tódolos personaxes e da trama. Así, a nova triloxía consta dos Episodios I, II e III: A Ameaza Pantasma, O Ataque dos Clons e A Vinganza dos Sith, que resultarían un novo éxito comercial, pero un fracaso rotundo na crítica que fixo que o propio Lucas se retirase da dirección de novas películas da saga.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy