A seguir, recóllese a pegada da nogueira e da noz na cultura popular galega a través de crenzas, refráns e cantigas.
A nogueira é unha árbore rica en substancias agres e taninos. As súas follas e a súa casca empregábanse nas menciñas populares coma purgante ou en doenzas da cute; ofrece ademais un efecto curandeiro de furunchos e tallos. A casca tingue dun amarelo pardo os tecidos e a madeira é moi estimada en ebanistaría pola súa fibra magra, pola dureza e polo veado característico.