Abril na cultura popular galega

O que segue recolle diversa información sobre a pegada do mes de abril na cultura popular e na literatura oral galegas, recollida de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc. Tamén incluímos as mencións á Coresma, á Semana Santa e á Pascua de Resurrección por coincidir, habitualmente, neste mes.

Eladio Rodríguez recolle o costume de acender na lareira, en cada casa, o Lume novo, que se prende co tizón ou as ascuas do lume que o abade bendice no adro da igrexa no transcurso dunha cerimonia que se celebra o Sábado Santo. Este lume que se prende na igrexa facíase co pedernal e utilizábase para acender, inmediatamente, as brasas do incensario e as lámpadas do templo [1].

  1. Eladio Rodríguez Gongález, s. v. fogo, s. v. lume.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in