Abu Zabi

Modelo:Xeografía políticaAbu Zabi
ابوظبي (ar) Editar o valor en Wikidata
Vista aérea
Imaxe

Epónimopai e gazela (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 24°27′04″N 54°23′49″L / 24.4511, 54.3969
EstadoEmiratos Árabes Unidos
EmiratoEmirato de Abu Zabi Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación1.483.000 (2020) Editar o valor en Wikidata (1.525,72 hab./km²)
Lingua oficiallingua árabe Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie972 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porGolfo Pérsico Editar o valor en Wikidata
Altitude14 m Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoMaomé bin Zayed Al Nahyan (pt) Traducir (2022–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Prefixo telefónico00971 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webdmt.gov.ae Editar o valor en Wikidata
Facebook: AbuDhabiADM Twitter: AbuDhabi_ADM Instagram: abudhabiadm LinkedIn: abu-dhabi-city-municipality Youtube: UCANU4xqJWFpw_PxHPQpkyiw Editar o valor en Wikidata

Abu Zabi[1][2][3][4] ou Abu Dhabi[5] (en árabe: ابوظبي, Abū Ẓabī) é unha cidade dos Emiratos Árabes Unidos, capital do país e do Emirato de Abu Zabi, o máis grande dos sete emiratos membros dos EAU. Fundada en 1760 é a capital do emirato dende 1793.

En 2014 tiña 1,5 millóns de habitantes,[6] sendo a segunda cidade do país tras Dubai. Construída sobre unha illa en forma de T, no sueste do Golfo Pérsico, comunícase con terra por unha ponte. Máis do 80% da poboación son forasteiros que residen temporalmente.

Ata 1960 era unha cidade sen luz eléctrica nin outros servizos esenciais, pero o descubrimento de petróleo no emirato mudou rapidamente as circunstancias e Abu Zabi converteuse nunha metrópole moderna. Actualmente Abu Zabi é unha cidade moderna de grandes rañaceos e dispón dun aeroporto internacional a 25 km ó sueste. É considerada a cidade máis rica do mundo, cunha renda per cápita de 30 000 dólares.

Abu Zabi alberga oficinas do goberno federal, é a sede do goberno dos Emiratos Árabes Unidos, a residencia da familia do Emir de Abu Zabi e do Presidente dos Emiratos Árabes Unidos, que naceu nesta familia. O rápido desenvolvemento e urbanización de Abu Zabi, xunto cos relativamente altos ingresos medios da poboación, transformaron a cidade nunha gran e avanzada metrópole. Hoxe a cidade é o centro político do país e das actividades industriais, e un dos principais centros culturais e comerciais, debido á súa posición como a capital, Abu Zabi representa ao redor de dúas terceiras partes dos preto de 400 $ mil millóns da economía dos Emiratos Árabes Unidos.[7]

  1. Benigno Fernández Salgado (edición) (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1303. ISBN 9788482887524. 
  2. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 107. ISBN 84-8158-266-2. 
  3. Goretti Sanmartín Rei et al. Criterios para o uso da lingua (PDF). Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña. p. 124. ISBN 84-9749-199-8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de setembro de 2013. Consultado o 30 de setembro de 2014. 
  4. Ver entrada de «Emiratos Árabes Unidos». Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato, ed. (2007). Diciopedia do século 21 2. Editorial Galaxia. p. 763. ISBN 9788482893600. Estado de Asia [...] formado polos emiratos de Abu Zabi [...] 
  5. «Abu Dhabi». Diciopedia do século 21 1. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Editorial Galaxia. 2007. p. 32. 
  6. Ahmad, Anwad (4 de novembro de 2014). "Ahbu Dhabi population doubles in eight years". Consultado o 22 de xullo de 2015. 
  7. Gulfnews: Abu Dhabi Economy Grows 5.2% In 2013, Slower Than Expected Arquivado 03-09-2014 en Wayback Machine.. www.gulfnews.com (3 de xuño de 2014). Consultado o 24/9/2014.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in