Acanto

Folla.
Espiga floral en pre-antese.
Espiga floral en flor.
Acanthus mollis

O acanto[1] (Acanthus mollis) é unha planta herbácea perenne orixinaria das estepas africanas, dende antigüidade utilizouse en xardíns da área mediterránea.

O acanto destaca pola súa beleza ornamental e pola súa altura (ata 150 cm) con follas longas, espiñentas e rizadas e flores abrancazadas, rosáceas ou lilas[2]. Agroma sobre todo en xuño. Tamén recibe en galego o nome de ás de anxo[3].

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para acanto.
  2. George Schenk The Complete Shade Gardener. Timber Press, 2002, páxina 200
  3. E. Losada, J. Castro e E. Niño, (1992): Nomenclatura vernácula da flora vascular galega', Xunta de Galicia

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy