Acelga | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome trinomial | |||||||||||||||||||||
Beta vulgaris var. cicla (L.) K.Koch |
A acelga[1] (Beta vulgaris var. cicla) é unha planta herbácea bianual cultivada como anual, de follas grandes e zumarentas co nervio central moi desenvolvido. Pódese consumir toda a planta de se colleitar cando as follas son pequenas, se estas xa son grandiñas as pencas amargan.
É unha das verduras máis apreciadas xa que achega vitaminas, ácido fólico e sales minerais cun alto contido en auga (48%). As follas exteriores, que adoitan ser máis verdes, son as que conteñen maior cantidade de vitaminas e carotenos.