Actinistios

Esta páxina trata da subclase dos actinistios ou celacantomorfos (os peixes con forma de celacanto); para o celacanto propiamente dito,[1][2] véxase Latimeria chalumnae.

Actinistios / Celacantimorfos
Actinistia / Coelacanthimorpha
Celacantos

Rango fósil: Devoniano - actualidade [3]

Latimeria chalumnae
Estado de conservación
Crítico
Crítico[4]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Sarcopterygii
Subclase: Actinistia
Cope, 1870
Ordes
Sinonimia
  • Coelacanthimorpha [7]

A dos actinistios (Actinistia),[8] tamén chamados celacantimorfos (Coelacanthimorpha),[7] é unha subclase de vertebrados da clase dos sarcopterixios, que son peixes, coñecidos como celacantos,[1][2][9][10] caracterizados, entre outras cousas, por presentaren aletas lobuladas carnosas, e que se crían extintos desde o período cretáceo ata que, en 1938, un exemplar vivo foi capturado na costa oriental de Suráfrica. Outra especie localizouse en augas das illas Célebes (Indonesia) en 1998.[3][11][12]

Estes peixes evolucionaron morfoloxicamente moi pouco desde hai 350 millóns de anos, e se asemellan aos antepasados acuáticos dos vertebrados terrestres. Teñen unha vexiga natatoria non funcional, coas paredes grosas e chea de graxa, que é realmente un vextixio dun pulmón ancestral, utilizado cando vivían non nas profundidades, senón na superficie, tanto en augas mariñas como nas doces. A esta característica, así como a forma e o movemento das súas aletas, valéronlle o nome de fósiles viventes como moitas veces se cualifican (erroneamente, por certo, desde o punto de vista científico).[3][11]

Xunto cos peixes pulmonados son os seres vivos máis próximos aos vertebrados terrestres. Apareceron no período devoniano (hai 400 millóns de anos), aínda que a maior cantidade de restos fosilizados pertencen ao período carbonífero (hai 350 millóns de anos).[3]

  1. 1,0 1,1 Dicionario de galego Ir Indo, (2004): celacanto s m ANIMAL/ICT Peixe do xénero Latimeria, da subclase dos sarcopterixios que presenta ollos grandes, mandíbulas con gran capacidade de apertura, aleta caudal dificerca, unha liña lateral moi desenvolvida e un órgano sensorial no fociño que lles serve para moverse na escuridade e para capturar presas.
  2. 2,0 2,1 Gran dicionario Xerais da lingua, (2009): celacanto. s. m. Peixe crosoptrerixio da orde dos celacantiformes (Latimeria chalumnae), que posúe unha articulación intracranial.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Johanson, Z.; Long, J. A.; Talent, J. A.; Janvier, P.; Warren, J. W. (2006). "Oldest coelacanth, from the Early Devonian of Australia". Biology Letters 2 (3): 443–6. PMC 1686207. PMID 17148426. doi:10.1098/rsbl.2006.0470. 
  4. Especies do xénero Latimeria na Lista vermella de especies ameazadas da UICN.
  5. Coelacanthiformes no WoRMS.
  6. Eschmeyer, William N., ed. (1998): Catalog of Fishes: Genera, Species, References. Special Publication of the Center for Biodiversity Research and Information, num. 1, vol. 1-3. San Francisco (California, Estados Unidos): California Academy of Sciences. ISBN 978-0-940228-47-5.
  7. 7,0 7,1 Coelacanthimorpha Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. en Fossilworks.
  8. Actinistia na Encyclopaedia Britannica
  9. celacanto Arquivado 05 de xuño de 2016 en Wayback Machine. en Galnet - WordNet 3.0 do Galego, sli.uvigo.gal
  10. Celacanto Arquivado 09 de xuño de 2016 en Wayback Machine. en dbpedia.org, sli.uvigo.gal
  11. 11,0 11,1 Forey, Peter L (1998). History of the Coelacanth Fishes. London: Chapman & Hall. ISBN 978-0-412-78480-4. [cómpre nº de páxina]
  12. Lavett Smith, C.; Rand, Charles S.; Schaeffer, Bobb; Atz, James W. (1975). "Latimeria, the Living Coelacanth, is Ovoviviparous". Science 190 (4219): 1105–6. Bibcode:1975Sci...190.1105L. doi:10.1126/science.190.4219.1105. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy