Aeroporto de Aberdeen

Aeroporto de Aberdeen
Aberdeen International Airport
Port-adhair Obar Dheathain

IATA: ABZ – ICAO: EGPD
Sumario
Tipo público
Propietario AGS Airports
Operador Aberdeen International Airport Limited
Cidade/Illa Aberdeen
Localización Dyce
Elevación (msnm) 66 metros / 215 pés
Coordenadas Coordenadas: 57°12′07″N 2°11′52″O / 57.201944, -2.197778
Web https://www.aberdeenairport.com/
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
16/34 1 953 6 407 asfalto
Estatísticas (2016)
Pasaxeiros 2 955 338

O aeroporto internacional de Aberdeen (IATA: ABZ, ICAO: EGPD) é un aeroporto internacional situado en Dyce, un suburbio da cidade escocesa de Aberdeen, a uns 9,3 km ao noroeste do seu centro. No ano 2016 pasaron polas súas instalacións un total de 2 955 338 pasaxeiros, un 15% menos que no ano anterior.[1] O seu propietario é AGS Airports, que tamén ten os aeroportos de Glasgow e Southampton.

O aeroporto de Aberdeen é unha base para BMI Regional, Eastern Airways, Flybe e Loganair. Tamén serve como principal heliporto para a industria petrolífera escocesa no mar do Norte. Os aparellos máis modernos poden acadar as plataformas máis afastadas da zona das Shetland. Porén, os helicópteros normalmente usan Wick, Kirkwall, Scatsta e Sumburgh como paradas para reabastecer combustible.

Ten unha terminal principal, que serve voos de vacacións regulares e chárter. Ademais, hai catro terminais dedicadas a operacións de helicópteros no mar do Norte, usadas por Bristow Helicopters, CHC-Scotia, NHV Helicopters e Bond Offshore Helicopters. Tamén hai unha pequena terminal pegada á principal, Broomfield House, usada principalmente por voos chárter de compañías petrolíferas ata Scatsta in Shetland, operados por Eastern Airways.

  1. Civil Aviation Authority (ed.). "Aircraft and passenger traffic data from UK airports". Consultado o 29 de outubro de 2017. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy