Aeroporto de Edimburgo

Aeroporto de Edimburgo
Port-adhair Dhùn Èideann
Edinburgh Airport

IATA: EDI – ICAO: EGPH
Sumario
Tipo público
Propietario Global Infrastructure Partners
Operador Edinburgh Airport Ltd.
Cidade/Illa Edimburgo
Localización Ingliston
Coordenadas Coordenadas: 55°57′00″N 3°22′21″O / 55.95, -3.3725
Web http://www.edinburghairport.com/
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
06/24 2 556 8 386 asfalto
12/30 1 797 5 896 asfalto
Estatísticas (2016)
Pasaxeiros 12 348 425

O aeroporto de Edimburgo (IATA: EDI, ICAO: EGPH) é un aeroporto escocés situado na área de Ingliston da cidade de Edimburgo. Foi o aeroporto máis concorrido de Escocia en 2016, pasando un total de 12,3 millóns de pasaxeiros nese ano, cun incremento do 11,1% con respecto a 2015. Tamén foi o sexto máis concorrido do Reino Unido por número de pasaxeiros en 2016.[1] Atópase a 9,3 km do oeste do centro da cidade, xusto ao lado das autoestradas M8 e M9. O seu propietario é Global Infrastructure Partners, que tamén ten a meirande parte do accionariado do aeroporto de Londres-Gatwick.[2] O aeroporto ten dúas pistas de aterraxe e unha terminal de pasaxeiros e emprega a unhas 2 500 persoas.

  1. UK Civil Aviation Authority (ed.). "Aircraft and passenger traffic data from UK airports". Consultado o 6 de setembro de 2017. 
  2. Global Infrastructure Partners (ed.). "Investments - Transport". Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2017. Consultado o 07 de setembro de 2017. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy