Aeroporto de Glasgow

Aeroporto de Glasgow
Port-adhair Eadar-nàiseanail Glaschu
Glasgow Airport

IATA: GLA – ICAO: EGPF
Sumario
Tipo público
Propietario AGS Airports
Operador Glasgow Airport Limited
Cidade/Illa Glasgow
Localización Paisley, Renfrewshire
Elevación (msnm) 8 metros / 26 pés
Coordenadas Coordenadas: 55°52′19″N 4°25′59″O / 55.871944444444, -4.4330555555556
Web http://www.glasgowairport.com/
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
05/23 2 665 8 743 asfalto ranurado
Estatísticas (2016)
Pasaxeiros 9 327 193

O aeroporto de Glasgow (IATA: GLA, ICAO: EGPF), anteriormente aeroporto de Abbotsinch, é un aeroporto internacional de Escocia situado a 16 km ao oeste do centro da cidade de Glasgow.[1] No ano 2016 polas súas intalacións pasaron case 9,4 millóns de pasaxeiros, cun incremento do 7 % con respecto a 2015, sendo o segundo aeroporto máis concorrido de Escocia, tras o aeroporto de Edimburgo, e o oitavo do Reino Unido. É o principal aeroporto do oeste de Escocia e o principal entrada de voos de longa distancia do país.

O aeroporto é propiedade de AGS Airports, que tamén ten e opera os aeroportos de aeroporto de Aberdeen e Southampton. Anteriormente pertencía e era operado por Heathrow Airport Holdings. As principais aeroliñas que operan nas súas instalacións son British Airways e Loganair, esta última usando o aeroporto como centro de conexións. Outras grandes compañías que usan GLA como base son easyJet, Jet2.com, Ryanair, Thomas Cook Airlines e Thomson Airways.

O aeroporto de Glasgow inaugurouse no ano 1966 e orixinalmente só operaba voos cara a outras partes do Reino Unido e Europa. Comezou a ofrecer voos a outras partes do mundo que antes eran operados polo aeroporto de Glasgow-Prestwick, e que se converteu no aeroporto secundario da cidade sendo usado principalmente por aeroliñas de baixo custo, por operacións de carga e por voos chárter.

  1. NATS (ed.). "Glasgow - EGPF". Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2020. Consultado o 22 de setembro de 2017. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy