Aeroporto de Xirona Aeroport de Girona - Costa Brava
| |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | Público | ||
Operador | AENA | ||
Cidade/Illa | Xirona | ||
Localización | Vilobí d'Onyar e Aiguaviva | ||
Elevación (msnm) | 465,8 metros / 142 pés | ||
Coordenadas | |||
Web | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
pés | metros | ||
20/02 | 7 874 | 2 400 | asfalto
... etc. |
Estatísticas (2017) | |||
Pasaxeiros | 1 946 816 | ||
Operacións | 19 252 | ||
Carga (kg) | 125 501 | ||
Fonte: AENA[1] |
O Aeroporto de Xirona-Costa Brava (IATA: GRO, OACI: LEGE) é un aeroporto xestionado por Aena situado a 13 quilómetros da cidade de Xirona, dando servizo a toda a Costa Brava, e a 74 quilómetros da cidade de Barcelona.
Na actualidade é un dos aeroportos que máis crecemento experimentou nos últimos anos, debido fundamentalmente ao feito de ser unha das principais bases da compañía Ryanair en Europa. En 2007, o aeroporto recibiu un total de 4 848 619, o cal supón un crecemento do 34% con respecto ao ano anterior, cun incremento de máis dun millón de pasaxeiros.